Saretik - Traducións

Protección de datos

1.Política de privacidade

Saretik informa aos usuarios do sitio web sobre a súa política respecto ao tratamento e protección dos datos de carácter persoal dos usuarios e clientes que poidan ser recadados pola navegación ou contratación de servizos a través do seu sitio web.

Neste senso, Saretik garante o cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, reflectida na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, no Real Decreto 1720/2007, de 21 decembro, polo que se aproba o Regulamento de Desenvolvemento da LOPD, e no Regulamento (UE) 2106/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016.

O uso desta web implica a aceptación desta política de privacidade.

2.Recollida, finalidade e tratamento de datos

Saretik ten o deber de informar aos usuarios do seu sitio web da recollida de datos de carácter persoal que pode levarse a cabo, ben sexa mediante o envío de correo electrónico ou ao cubrir os formularios incluídos no sitio web. Neste senso, Saretik será considerada como responsable dos datos recadados mediante os medios anteriormente descritos.

Á súa vez Saretik informa aos usuarios de que a finalidade do tratamento dos datos recadados contempla: a atención de solicitudes realizadas polos usuarios, a inclusión na axenda de contactos, a prestación de servizos e a xestión da relación comercial.

As operacións, xestións e procedementos técnicos que se realicen de forma automatizada ou non automatizada e que posibiliten a recollida, o almacenamento, a modificación, a transferencia e outras accións sobre datos de carácter persoal, teñen a consideración de tratamento de datos persoais.

Todos os datos persoais, que se recollan a través do sitio web de Saretik, e polo tanto se considere que se trata dun tratamento de datos de carácter persoal, incorporaranse nos arquivos declarados ante a Axencia Española de Protección de Datos por Saretik.

Todos os datos persoais, que se recollan a través do sitio web de Saretik, e polo tanto se considere que se trata dun tratamento de datos de carácter persoal, serán gardados durante o tempo necesario para levar a cabo a finalidade para a que foron recollidos.

3.Comunicación de información a terceiros

Saretik informa aos usuarios de que os seus datos persoais non se cederán a terceiras organizacións, agás se esta cesión de datos está amparada nunha obriga legal ou cando a prestación dun servizo implica a necesidade dunha relación contractual cun encargado de tratamento. Neste último caso, só se levará a cabo a cesión de datos ao terceiro cando Saretik dispoña do consentimento expreso do usuario.

4.Dereitos dos usuarios

A Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal concede aos interesados a posibilidade de exercer unha serie de dereitos relacionados co tratamento dos seus datos persoais.

En tanto en canto os datos do usuario son obxecto de tratamento por parte de Saretik. Os usuarios poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición segundo o previsto na normativa legal vixente en materia de protección de datos persoais.

Para facer uso do exercicio destes dereitos, o usuario deberá dirixirse mediante comunicación escrita, achegando documentación que acredite a súa identidade (DNI ou pasaporte), á seguinte dirección: Iurre auzoa 4, behea, 20400 Tolosa, Gipuzkoa ou á dirección que sexa substituída no Rexistro Xeral de Protección de Datos. Esta comunicación deberá reflectir a seguinte información: nome e apelidos do usuario, a petición de solicitude, o domicilio e os datos acreditativos. O exercicio de dereitos deberá ser realizado polo propio usuario. Con todo, poderán ser executados por unha persoa autorizada como representante legal do autorizado. Neste caso, deberá achegarse a documentación que acredite esta representación do interesado.